RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro estréase na selección española sub-15 con triunfo en Suíza

Mauro Valeiro debutou esta tarde coa selección española sub-15 cun claro triunfo (1-6) ante Suíza no primeiro dos dous partidos amigables previstos esta semana entre ambos os conxuntos.

O canteirán branquiazul xogou a segunda metade posto que relevou a Mario Díaz e, durante a súa participación, o combinado nacional seguiu gozando de numerosas ocasións para incrementar o marcador.

A segunda cita para Mauro será este próximo xoves 6 de xuño ás 14:00 no mesmo escenario, o Sportzentrum Heerenschürli de Zurich.

O calendario de partidos da selección española, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 4 de xuño
SUÍZA 1 - ESPAÑA 6

Xoves 6 de xuño
14:00: SUÍZA - ESPAÑA, no Sportzentrum Heerenschürli de Zurich

O centrocampista do San Tirso SD Cadete xogou esta temporada 32 partidos na División de Honra, deles 28 como titular; e anotou 6 goles. O seu equipo logrou o obxectivo da permanencia varias semanas antes de concluír a liga.

Mauro Valeiro únese á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Mustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.