A Federación Española de Fútbol, en calidade de organizadora da final de Copa, comunicou ao Deportivo, entre outras, as seguintes medidas de seguridade que afectan os afeccionados de ambos os equipos.
"En canto á venda de entradas por parte de ambos os clubs finalistas, a RFEF, en atención á normativa vixente, establece os seguintes requisitos: a) Os clubs finalistas deberán confeccionar unha relación na que se detalle o nome, apelidos e DNI ou outro documento con efectos indicativos, das persoas adquirientes das localidades así como o número de localidades adquirido por cada unha delas e a identificación de cada unha das localidades adquiridas. b) Nin os clubs finalistas nin os adquirientes das entradas poderán transferilas a axencias de viaxes, tour operadores ou outros axentes e intermediaros que puidesen facer un uso comercial das mesmas. c) As relacións a que se refire o anterior apartado a) estarán a disposición da Delegación do Goberno de Madrid ou de calquera outra autoridade competente que o solicite. Os datos persoais incluídos nas mencionadas relacións non poderán ser utilizados con fins comerciais nin incorporados a bases de datos, con absoluto respecto da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal." Os clubs serán responsables e coidarán de que todas as localidades que lles foron asignadas non sexan adquiridas por seguidores ou afeccionados do opoñente. A estes efectos é aconsellable o establecemento de mecanismos de control que eviten que a venda ou entrega das referidas entradas efectúese a través de institucións, persoas ou instalacións alleas ao propio club. A RFEF resérvase o dereito de rexeitar o acceso ao estadio aos seguidores dun dos clubs finalistas que presenten entradas correspondentes ás zonas asignadas aos seguidores do club opoñente. Ambos os clubs deberán remitir a esta RFEF antes das 18:00 horas do 28 de febreiro a listaxe dos adquirientes das súas respectivas entradas , co fin de que a RFEF faga entrega dos mesmos aos representantes da Delegación de Goberno de Madrid con ocasión da reunión de seguridade que terá lugar o 1 de marzo de 2002."
Ante isto, o Real Club Deportivo adoptou as seguintes medidas:
1.- Os socios do Real Club Deportivo poderán reservar as súas entradas este xoves e venres nos locais da Mariña.
2.- A partir do venres pola tarde os non socios poderán comprar a súa entrada, se aínda quedasen dispoñibles, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes (máximo tres por persoa).
3.- Os socios poderán realizar o troco de recibos por entradas a partir do próximo luns 25 nas oficinas da Mariña. Para evitar aglomeracións, anunciarase a orde de entrega das entradas por distintas localidades en días diferentes.