RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mella tivo minutos na vitoria de España ante Bélxica que sela o pase a cuartos de final

- Foto: @SeFutbol -

David Mella representa a #ANOSACANTEIRA na fase final do Campionato de Europa sub-17 que se xoga en Israel.

Bélxica, esta tarde, foi o segundo rival do futbolista branquiazul e o seu equipo. Gañaron os españois (2-0), un resultado que clasifica xa aos pupilos de Julen Guerrero a cuartos de final, que se xogarán o mércores 25 e xoves 26 de maio.

Mella empezou de suplente e saltou ao campo no minuto 73 en substitución de Dani Pérez.

O luns 23, España mídese a Serbia sen a presión de lograr o pase, aínda que coa primeira praza en xogo, posto que os españois teñen 6 puntos por 4 dos serbios.

Ante os turcos o pasado martes, España impúxose por 0-2. Mella tamén arrancou o choque no banco e no minuto 68 relevou a Dani Rodríguez.

O calendario de partidos da selección española sub-17 é o seguinte:

Martes 17 de maio
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 2

Venres 20 de maio
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Luns 23 de maio
16:30 (hora peninsular): ESPAÑA - SERBIA, no Haberfeld Stadium de Rishon LeZion

Israel, Alemaña, Italia e Luxemburgo (Grupo A), Francia, Países Baixos, Bulgaria e Polonia (Grupo B), Dinamarca, Portugal, Escocia e Suecia (Grupo D) completan a nómina de 16 seleccións que loitan polo título continental.