RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Merecida vitoria do Orzán SD Infantil Feminino sobre o Umia CF

O Orzán SD Infantil Feminino logrou un merecido triunfo (5-0) ante o Umia CF na 5ª xornada da Fase polo Título Galego.

Sofía Milhem -2-, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez e Lola Nieto foron as goleadoras en quizais o partido máis completo das orzanistas no que vai de temporada.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino suma 15 puntos, os mesmos que o Victoria CF, á fronte do subgrupo.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Irene Míguez, Candela González, Paula Martínez, Valentina Millón, Emma Gandoy, Candela Fernández, Lola Nieto, Ánxela Prado, Sofía Rodríguez e Sofía Milhem. Tamén xogaron: Valeria Montero, Marta Moreno, Yanis Citoula, Alexia Freire e Sila Santiso.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino volve xogar no seu campo, neste caso ante o UD Mos.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo Título Galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candela Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Victoria CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 0
Victoria FC 0 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Yanis Citoula, Ánxela Prado -2- e Emma Gandoy)
Orzán SD Infantil Feminino 5 (Sofía Milhem -2-, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez e Lola Neto) - Umia CF 0