RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Merle Barth cualifica na súa presentación ao Club como "súper profesional"

A central alemá Merle Barth (Waldbröl, 21 de abril de 1994) foi presentada este mediodía na sala de prensa de Abegondo como nova xogadora do Dépor ABANCA para a temporada 2025-26.

Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, cualificouna como unha xogadora "de alto nivel, que vén achegar todo o seu talento ao servizo do equipo. Estamos segurísimos que vai sumar desde o primeiro momento".

Explica que "pode actuar tanto de central como de centrocampista. É unha xogadora de gran traxectoria, con máis de 200 partidos na máxima competición en Alemaña. Foi campioa da Copa de la Reina co Atlético de Madrid. Vén este ano de xogar unha final co seu ex club. Estamos moi ilusionados coa súa chegada. Desde o primeiro adestramento mostrou que é o que buscabamos. Vainos a dar moito no futbolístico pero ten unha xerarquía e un saber estar que achegará no día a día".

Pola súa banda, Merle Barth afirma que "coñezo a Fran Alonso desde hai moito tempo. El a min e eu a el seguímonos. E gusta o camiño dos últimos anos do Club; e quero apoiar, quero axudar e seguir adiante co Club".

A polivalente futbolista xermana asegura que esta temporada "queremos ter máis o balón. Ese é o obxectivo". "Queremos crear máis situacións arriba, estar máis no campo do rival, con calma e con accións adiante", engade.

Subliña que o Club é "súper profesional. Gústanme as instalacións. Temos os mellores campos no futuro (chancea), un novo ximnasio... Todo súper profesional. Estou moi contenta con iso".

Merle Barth márcase como obxectivo "xogar moitos partidos e axudar ao equipo. Teño que adaptarme ao estilo pero quero achegar o meu estilo ao xogo, a miña experiencia tamén para crear un grupo, un equipo".