RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

As Nosas Cores: A bandeira de Galicia e a Rosa de los Vientos inspiran o terceiro e máis coruñés equipamento do Dépor

O RC Deportivo completa a presentación dos seus equipamentos para a temporada 2025-2026 co lanzamento da súa terceira camiseta o 25 de xullo, Día de Galicia. 

Da man de Kappa, principal spónsor técnico do RC Deportivo, esta elástica pon o foco nas raíces, a identidade e o orgullo galego, converténdose no máis coruñés dos tres.

A camiseta está presidida pola bandeira de Galicia. No azul obsérvanse de novo os mosaicos que forman a Rosa de los Vientos, obra do autor coruñés Tono Correa Corredoira, como no primeiro equipamento. Un emblema profundamente ligado á cidade da Coruña e á cultura celta. 

No terceiro equipamento, o tradicional branco do fondo substitúese por un ton óso suave con detalles dourados. Sobre el sitúanse os diferentes símbolos que conforman a Rosa de los Vientos e representan as nacións celtas: a vieira, Galicia; o trevo, Irlanda; o cardo, Escocia; o trisquel, a illa de Man; o dragón, Gales; o cáliz, Cornualles e o armiño, Bretaña. Ademais da caveira de Tarsis, ligado á figura do rei de Gerión, que completa os oito cuadrantes.

Con esta camiseta, o RC Deportivo destaca o valor da súa estreita vinculación con Galicia e reforza a súa identidade atlántica e cultural, convidando os deportivistas a vestir con orgullo os símbolos que definen o vínculo emocional coas súas orixes. 

Xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.

Fundada en 1967 en Turín por Maurizio Vitale, Kappa creou a súa primeira liña deportiva en 1978. Pouco despois foi a primeira marca en Italia en patrocinar un equipo de fútbol. Unha decisión estratéxica que a situou no mercado internacional. Nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, Kappa foi o patrocinador oficial do equipo de atletismo de Estados Unidos, cando Carl Lewis gañou catro medallas de ouro. Historia, deporte, tecnoloxía, innovación, deseño, estilo, orixinalidade, singularidade e futuro son os valores que definen a natureza da marca italiana que representan unha traxectoria repleta de fitos, como a creación da camiseta Kombat no 2000, a primeira que rompeu as regras do fútbol.