RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol, despois de participar con Venezuela no empate ante Chile, visita este martes 28 de outubro a Paraguai

-Foto:@https://www.fvf.com.ve/

 

Michi Apóstol (na foto de pé a segunda futbolista empezando pola dereita) está concentrada coa selección de Venezuela para dous partidos correspondentes á CONMEBOL Liga de Naciones.

A canteirá deportivista participou no empate sen goles ante Chile. Arrincou o choque no banco e no minuto 66 saltou ao céspede en substitución de Joemar Guarecuco.

Este martes 28 de outubro ás 20:00 (00:00 horas do mércores 29 en Galicia), Venezuela visita Paraguai nun partido que se xogará no Estadio La Huerta.

O calendario de partidos de Michi Apóstol, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 24 de outubro
VENEZUELA 0 - CHILE 0

Martes 28 de outubro
20:00 (hora local, 00 do mércores 29 en Galicia): PARAGUAI - VENEZUELA, no Estadio La Huerta en Asunción

Finalizado este encontro, Michi Apóstol emprenderá viaxe de regreso á Coruña.

Até a data, a atacante deportivista participou en 6 partidos co Dépor ABANCA B en Segunda Federación e anotou 2 goles. Así mesmo, foi convocada noutros 3 co Dépor ABANCA en Liga F aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.