RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol e Venezuela gañan en Paraguai no seu segundo partido da Liga de Nacións

-Foto:@https://x.com/FemeninoFVF

 

Michi Apóstol estivo concentrada coa selección de Venezuela para dous partidos correspondentes á CONMEBOL Liga de Nacións.

Esta pasada madrugada en Galicia visitaron Paraguai no segundo dos partidos.

A xogadora deportivista saltou ao céspede na segunda metade en substitución doutra ex xogadora do Dépor ABANCA, Michelle Romero.

O triunfo foi para a vinotinto por 1-2.

A canteirá deportivista tamén participou no empate sen goles ante Chile o pasado venres 24. Arrincou o choque no banco e no minuto 66 saltou ao céspede en substitución de Joemar Guarecuco.

Os resultados de Venezuela foron os seguintes:

Venres 24 de outubro
VENEZUELA 0 - CHILE 0

Martes 28 de outubro
PARAGUAI 1 - VENEZUELA 2

Finalizado este encontro, Michi Apóstol emprende viaxe de regreso á Coruña.

Até a data, a atacante deportivista participou en 6 partidos co Dépor ABANCA B en Segunda Federación e anotou 2 goles. Así mesmo, foi convocada noutros 3 co Dépor ABANCA en Liga F aínda que non chegou a saltar ao terreo de xogo.