RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Michi Apóstol mídese esta madrugada (en España) a Brasil na penúltima xornada da Fase Final do Campionato Suramericano sub-20

Michi Apóstol está concentrada coa selección venezolana sub-20 no Campionato Suramericano que se disputa en Guayaquil (Ecuador).

A próxima cita, cuarto partido da Fase Final, para a futbolista branquiazul será nesta próxima madrugada (4:00 en España) ante Brasil, líder desta segunda parte do torneo, no Estadio Alberto Spencer Herrera.

As venezolanas precisan unha vitoria ben ante as brasileiras ou ben ante Arxentina na última xornada para lograr unha praza para o Mundial de agosto en Colombia.

Brasil e Venezuela víronse as caras na Primera Fase, no que o triunfo foi para a canarinha por 1-2.

Ademais, Michi Apóstol, con 4 goles marcados até a data no Campionato Suramericano, pelexa pola Bota de Bronce.

O terceiro partido da Fase Final para o combinado venezolano foi o pasado luns 29 de abril ante Perú no Estadio Alberto Spencer Herrera.

Ambos os equipos perderan os seus dous primeiros partidos nesta segunda parte do torneo e, por conseguinte, chegaban ao partido pechando a clasificación con 0 puntos.

As venezolanas golearon (1-6) con 2 tantos de Michi Apóstol no minuto 22, que servía para empatar o partido, e no 90+4; e sumaron así os seus 3 primeiros puntos.

Na noite do venres 26 de abril, a atacante deportivista enfrontouse a Colombia.

Os dous conxuntos tamén se viron as caras na primeira parte do torneo, nun choque que acabou con triunfo (4-1) colombiano.

Nesta segunda cita volveu gañar Colombia, esta vez por 3-2 cun tanto de Gabriela Rodríguez no desconto.

Michi Apóstol saíu de inicio e marcou no minuto 82 o segundo gol do seu equipo que significaba a igualada provisional no marcador. Após recibir un pase longo, a atacante deportivista anotou ao gañar as costas á súa defensora.

A futbolista branquiazul iniciou na madrugada do mércores 24 de abril en España ante Paraguay esta Fase Final.

As paraguaias accederon como campioas do grupo A mentres que as venezolanas como terceiras clasificadas do grupo B.

A atacante deportivista xogou completo un encontro saldado con derrota de Venezuela (2-0).

Na Primera Fase, os rivais da 'Vinotinto' foron Bolivia, Colombia, Brasil e Chile. Michi Apóstol xogou completos os 4 partidos.

Neles, Venezuela gañou a Bolivia (6-0) e Chile (1-0); e caeu con Brasil (1-2) e o citado ante Colombia (4-1). A futbolista branquiazul anotou 1 gol ante Bolivia e ademais deu unha asistencia. 

O calendario de partidos das venezolanas no Campionato Suramericano, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 12 de abril
VENEZUELA 6 - BOLIVIA 0

Mércores 17 de abril
COLOMBIA 4 - VENEZUELA 1

Venres 19 de abril
VENEZUELA 1 - BRASIL 2

Sábado 20 de abril
VENEZUELA 1 - CHILE 0

Fase Final
Mércores 24 de abril
PARAGUAY 2 - VENEZUELA 0

Venres 26 de abril
COLOMBIA 3 - VENEZUELA 2

Luns 29 de abril
PERÚ 1 - VENEZUELA 6

Venres 3 de maio
4:00: VENEZUELA - BRASIL

Michi Apóstol é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado tamén con Venezuela.