RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

Miguel Figueira destaca que en ANOSACANTEIRA "hai moita xente traballando detrás. Está moi ben estruturada. As instalacións mesmo se van a mellorar"

Miguel Figueira manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que en ANOSACANTEIRA "tanto Óscar (Gilsanz), como Manuel Pablo, como eu somos a cabeza visible pero aquí hai moita xente traballando detrás. Está moi ben estruturada. As instalacións mesmo se van a mellorar".

Ademais, apunta que "cando vas a torneos internacionais, á Oviedo Cup por exemplo, saes vencedor. Cando vas a un torneo non é tanto formación senón máis unha competición porque queres chegar o máis lonxe. E ganas, ganas a rivais importantes españois, internacionais. E iso fai que os mozos estean máis preparados para saír a competir".

En canto á semifinal da Copa de Campións deste xoves 29 de maio ás 20:00 horas (RFEF.TV) no Toralín de Ponferrada ante o Real Betis, desexa que "sexamos capaces de non deixarlles ter o dominio do partido e sexamos capaces de quitarlles o balón".

Advirte que "imos ter que estar moi concentrados en calquera acción individual dos seus xogadores de mediocampo cara arriba. É un equipo talentoso, que xera moitas ocasións de gol durante o partidos pero nestes últimos partidos a UD Las Palmas fíxolles moitas ocasións e fíxolles goles".

Así pois, quere "impor a nosa metodoloxía e ser capaces de quitarlles o balón".

O técnico deportivista subliña que "a diferenza de nós que somos máis constante ao longo dos partidos, o Betis é un equipo de picos: pode estar a dominar durante 15 minutos, correndo durante 10 minutos, sufrindo sen balón porque se poden desestructurar. O que imos tentar explotar é o noso nivel medio de xogo. Temos claro que nun día moi, moi, bo do Betis é moi difícil frealos. Nalgúns aspectos parécense á nosa forma de xogar pero quizais é un equipo máis irregular. Creo que temos armas para facerlles dano. E niso estamos a traballar".

Conclúe que "cantas máis cousas boas pasen no partido irá ao noso favor. Se o partido é irregular e non estamos cómodos, será favorable a eles".