RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mohamed Bouldini, na súa presentación: "Gústame todo. Estou feliz"

Mohamed Bouldini (Casablanca, Marrocos, 27 de novembro de 1995) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Dépor até o 30 de xuño de 2028.

Acompañado por Antonio Méndez, adxunto á Dirección de Fútbol, o novo dianteiro deportivista pousou en primeiro lugar para os medios gráficos no campo principal coa súa camiseta branquiazul que xa estreou o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol.

Xa na sala de prensa, asegurou estar "moi contento nestes primeiros días. Recibíronme moi ben. O equipo está moi ben e as sensacións son moi positivas".

Explica que a súa saída da UD Levante foi rápida: "Nun día ou dous pasou todo. Cando me chama o Dépor, un club histórico, cun proxecto novo... Gústame todo. Estou feliz".

A súa pretemporada co conxunto levantino foi "moi boa. Tiven ofertas de fóra pero preferín quedarme na UD Levante. Cando me sae o Dépor, falei con Fernando Soriano, explicoume todo. Cando vénche un equipo grande como o Dépor, coas ideas claras como tiña, decidiuno nun día e saíu todo ben". "Foi sincero (Fernando Soriano), falamos de todo, o obxectivo do equipo... Díxome: 'necesitamos un dianteiro como ti, que poida axudar tamén ao equipo, darlle outras virtudes'. Convénceme rápido e decidín vir", engade.

Preguntado polo obxectivo do Dépor, pensa como Imanol Idiakez en ir "partido a partido: Gañar cada partido, loitar e por aí imos crecer".

Insiste en que chega para "axudar. Son un máis. Estou no barco co equipo. O que me pidan vou facelo. Vou tentar marcar goles, esforzarme en cada adestramento, mellorar e dar un plus ao equipo".

Sente cómodo "co que diga o míster. Imos xogar, a loitar, se xogo só, se xogo con 2 eu igual. Fágoo todo polo equipo".

Sobre as súas cifras goleadoras, lembra que a temporada pasada "puiden facer moitos goles pero anuláronme moitos, 8 ou 9. Espero este ano facer máis e que salga todo ben".

Do partido ante o Granada CF deste sábado 7 de setembro no Nuevo Los Cármenes (16:15, LaLiga Hypermotion), opina que "é un partido moi complicado contra un dos equipos que poden subir. É un equipo moi forte sobre todo en casa".

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK