RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mosquera e Vicente recoñecen a dificultade do momento que atravesa o equipo

Pedro Mosquera, capitán esta tarde, e o canario Vicente Gómez atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro coruñés recoñece que "estamos nun momento que nos está custando gañar en ABANCA-RIAZOR. Temos que buscar a solución e tentar o próximo partido levarnos os 3 puntos".

Mosquera apunta que "hai cousas que non estamos a facer ben. Nos últimos minutos nos partidos que xogamos en ABANCA-RIAZOR habemos ir gañando e empatáronnos; e hoxe non conseguimos xerar ocasións claras e custounos a derrota".

Pola súa banda, Vicente Gómez subliña que "é un momento complicado. En moitas fases do partido tivémolos metidos na súa área pero fomos incapaces de xerar ocasións claras. Fanche un gol e é moi complicado cun menos poder reaccionar".

Recalca o centrocampista canario que o equipo "o está dando todo, estamos a tentar xerar. Pero é verdade que estamos nun momento delicado e é un momento de remar todos xuntos na mesma dirección porque ao final todos queremos alcanzar este obxectivo que é moi complicado".