RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera: ''para calquera coruñés é un partido dos grandes''

  "Desexando que chegue". Estas foron as primeiras palabras en relación ao derbi que Pedro Mosquera, debutante neste tipo de partidos, pronunció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. "Vaise achegando o par

Subliña que "para calquera coruñés é un partido dos grandes, dos que aquí en Galicia é o mellor partido que se poida xogar. Chegamos os dous equipos nunha boa liña, este ano estamos a facer ben as cousas, e xogando en casa, coa axuda da afección, seguro que facemos un bo partido".

Cre Mosquera que "queda moitísima liga, non é (o derbi) o partido máis importante do ano, pero é un partido que animicamente nos pode dar un plus, e ademais a xente irse contenta do campo, que xa fai falta que Riazor viva unha vitoria en casa".
 
Desexa Mosquera que o derbi do sábado 21 de novembro (22.05, TVE1) en Riazor ante o Celta "sexa o primeiro de moitos e que consigamos un bo resultado, que é o importante".
 
Chamoulle sempre a atención dos derbis pasados, moitos seguidos por Pedro Mosquera a través da televisión, "o ambiente que había sobre todo fose do campo, o estadio cheo, a xente animando máis que nunca. É un partido moi especial, cada xogada vívese con moita intensidade, cada ocasión, cada acción defensiva, ofensiva... Tennos que axudar para dar o cento por cento ou mesmo un plus máis do que vimos facendo".
 
Do Celta, opina que "é un bo equipo, temos que estar atentos de todo o que nos poidan facer, e nos puntos fortes que teñan eles que non nos fagan dano".
 
Asegura que o equipo non debe illarse da bancada, "temos que facer que a bancada sexa partícipe do partido, que nos apoie todo o intre, e sentir esa xente que está no campo, que todo o que nos transmite, esa forza e esas ganas de gañar, axúdenos para facelo no campo. Ese plus que nos poida dar a bancada achegalo ao campo".