RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nace en Betanzos a Pena Deportivista MG

Acaba de nacer en Betanzos unha nova peña deportivista. Bautizada como Peña Deportivista MG, o seu local social está situado na cervecería MG-Betanzos, sita na rúa Pepito Arriola nº 1 Baixo.

José Antonio Souto é o seu Presidente. Carlos García Barreiro exercerá de Secretario da citada agrupaciión, que xa forma parte da Federación de Penas.

Por outra banda, a Pena Djalminha cambia de local social e trasládase á Cafetaría Cervantes, sita no Paseo de Rolda nº 24 da Coruña.