RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nahuel súmase xa ao traballo táctico co grupo

Matías Nahuel, aínda sen alta médica, comezou hoxe a realizar tarefas tácticas co grupo, no adestramento diario do Dépor en Abegondo. Unicamente durante o circuíto de forza con balón programado para o resto de futbolistas, o atacante arxentino realizou un traballo específico co readaptador, Fran Molano.

Foi a boa noticia dunha mañá centrada no traballo táctico ofensivo, dirixido por Natxo González no campo 2.

O citado exercicio de forza con balón e un partido final 11 contra 11 no campo 2 puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede. Os fabrilistas Montiel, Pedro López e Abeledo adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Krohn-Dehli e Quique González, este con un traballo preventivo, adestráronse co readaptador. Fede Cartabia quedou no seu domicilio con amigdalite e Carlos Fernández, con permiso, non se pasou hoxe pola Cidade Deportiva.

Mañá mércores, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 11:00 horas.