RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Noel e Dani Barcia repiten convocatoria coa selección española sub-19

Noel e Dani Barcia repiten convocatoria coa selección española sub-19, esta vez para dous partidos amigables ante Israel o vindeiro martes 26 de outubro e o xoves 28 en Alfaz del Pi (Alacante).

Respecto da citación do pasado 30 de agosto, neste caso para dous encontros de preparación ante México, cae da lista Trilli, que aínda non volveu aos terreos de xogo despois de caer lesionado precisamente no segundo partido ante os centrocamericanos.

Os dous canteiráns, que representarán ao campión de España xuvenil, incorporaranse o luns 25 á concentración deste combinado nacional e regresarán á Coruña o xoves 28, nada máis concluír a segunda das citas ante os israelís.

Noel afianzouse no primeiro equipo como un dos dianteiros de Borja Jiménez, xunto a Quiles e Miku; e Dani Barcia é habitual nas aliñacións de Óscar Gilsanz no Fabril de Terceira RFEF, aínda que xa debutou no Dépor en pretemporada.

O calendario de partidos de España sub-19 é o seguinte:

Martes 26 de outubro
16:00: ESPAÑA - ISRAEL

Xoves 28 de outubro
11:00: ESPAÑA - ISRAEL