RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Noel e Trilli, convocados pola selección española sub-19 para un amigable ante Noruega

Noel e Trilli foron convocados pola selección española sub-19 para un partido amigable ante Noruega que terá lugar o vindeiro mércores 23 de febreiro ás 11:00 na Ciudad del Fútbol en Las Rozas (Madrid).

Os dous representantes de #ANOSACANTEIRA neste combinado nacional terán que incorporarse á concentración en Las Rozas o luns 21, xusto o día despois da visita ligueira do CD Calahorra a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 20 ás 17:00 horas (Footters).

Finalizado o amigable ante os noruegueses, ese mesmo mércores ambos os canteiráns regresarán á Coruña.

Noel e Trilli collen o testemuño nas categorías inferiores do equipo nacional de David Mella, que acaba de participar coa selección española sub-17 nun Torneo no Algarve (Portugal).