RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nota oficial do R.C. Deportivo da Coruña

En relación coa información publicada hoxe no xornal La Voz de Galicia informamos o seguinte:

1. A cantidade fixada na sentenza é de 16.629.125 euros e corresponde aos conceptos incluídos no contrato denominado de colaboración asinado por Gestsport (Canle Plus) que se declara resolto con efectos de 30-6-2001.
A resolución do contrato non foi recorrida por este Real Club por estar conforme coa mesma.

2. Da devandita cantidade o R.C. Deportivo da Coruña S.A.D. recorreu a cantidade de 7.325.494 euros, recoñecendo como única débeda real a cantidade de 9.303.631 (uns 1.500 millóns de pesetas).
Por tal motivo atópase pendente o correspondente recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña, polo que a cantidade realmente debida non está fixada con caracter definitivo nestes momentos.

3. Non obstante o anterior, Canle Plus decidiu utilizar a vía executiva nuns momentos que coinciden co período de negociación dos dereitos televisivos cuxos efectos expiran o próximo día 30 de xuño, é dicir, dentro de tres meses.

4. O resto de feitos publicados por La Voz de Galicia son totalmente incertos e obedecen unicamente á actitude de desprestixio adoptada por este xornal cara a este Real Club. Así, este diario infla a cantidade da sentenza en 3 millóns de euros sen especificar que se reclaman en concepto de intereses, gastos e costas; é tamén falsa a existencia da concesión de prazo algún por parte de Gestsport; é tamén falsa a non titularidade rexistral da sede social da Praza de Pontevedra; é tamén falso que o destino do diñeiro non sexa para Gestsport (Canle Plus) que, no seu caso deberá devolvelo cos intereses e prexuízos; é tamén falsa a retención da UEFA...

5. En definitiva, trátase dunha cuestión de xestión ordinaria que está pendente dunha resolución definitiva e que en ningún modo, como tamén se afirmou maliciosamente, supón o colapso do club.