RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Nova Escola RC Deportivo en Carballo

A Fundación RC Deportivo, en colaboración coas Escolas Luis Calvo, pon en marcha a primeira edición da súa escola profesional de fútbol, a Escola RC Deportivo, no campo de fútbol municipal das Eiroas.

O pasado luns o proxecto presentouse nas propias instalacións nas que darán comezo as clases o próximo 6 de marzo. A actividade está destinada a todos os nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que desexen participar independentemente do seu nivel de práctica. Ofertaranse grupos de adestramento os luns e mércores, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 h.

Todos os adestramentos estarán dirixidos e supervisados por adestradores do RC Deportivo e as clases estarán focalizadas na mellora individual do xogador, atendendo ás necesidades de cada alumno. A metodoloxía levará a cabo en grupos moi reducidos e con contidos específicos de tecnificación en fútbol.

Pode consultarse toda a información así como realizar as inscricións na web http://escola.rcdeportivo.es/.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade tamén se pode contactar a través da dirección de correo electrónico escola@rcdeportivo.es.