RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nova rolda de lanzamentos polo coche, mañá martes 1 de maio no Mundo do Fútbol

Continúá carreira polo Fiat 500 Pop. Así, o Real Club Deportivo cita a todos aqueles socios que superasen a primeira rolda de lanzamentos desde o centro do campo para unha segunda rolda, e quizás unha terceira ou cuarta, en funci&oacu

Os lanzamentos realizaranse por orde alfabética dos socios que marcaron gol, eles ou os socios no que delegaron o primeiro lanzamento. As persoas que vaian lanzar terán que identificarse co D.N.I ou pasaporte. Os socios que delegase a súa participación deben manter esta mesma delegación ata que o lanzador falle ou gañe a competición. Por conseguinte, non se poderá facer unha segunda delegación nunha persoa diferente.

Mañá martes 1 de maio, a partir das 17.30, poderase usar un vestiario do Mundo do Fútbol e a continuación, ata as 18.30, concederase un tempo para que, o que o desexe, poida realizar algún ensaio previo ao lanzamento definitivo. Todos os lanzadores deben ir uniformados coa camiseta do Real Club Deportivo.

Un total de 26 socios (algúns deles delegados noutra persoa tamén socia do Club) superaron a primeira rolda, celebrada o pasado sábado 21 de abril no Mundo do Fútbol. As persoas que fallaron recibiron alí mesmo unha mochila do Dépor e unha camiseta de paseo Lotto.

Os nomes dos socios gañadores (entre parénteses, se é o caso, o socio que xutou por delegación) son:

-Antonio Rodríguez Ramos
-Belén Montero Fole (Brais Méndez Ferreiro)
-Daniel de la Fuente Oliveira
-Daniel Mouriño Rivas
-Eduardo Freire Pousa
-Enrique Maceiras Añón (Manuel Maceiras Seoane)
-Eusebio A. Estrada Ponche (Francisco J. Freire Barreira)
-Guillermo López Teijeira
-Iván Riveiro Vayo
-Iván Vidal Piñeiro
-Jaime Lorenzo Carrero (Pedro Lorenzo López)
-José Antonio Fafián Seoane (Alejandro J. Márquez Caramés)
-José María Lamas Díaz
-Juan Freire Luaces (Jesús E. Freire Luaces)
-Juan Israel Fernández Malvárez
-Juan Manuel Lema Branco (Luís Francisco Roge Pérez)
-Manuel Rodríguez Barreiro
-Manuel Silva Díaz
-Marta López Díaz (Guillermo Freire Álvarez)
-María Elisa Villafañe Prego (Jorge Vicente Vázquez Reboredo)
-María Paula Vilariño López (Diego Cobas López)
-Miguel Pardo Pena (Borja Rei Penelas)
-Noelia Branco González (Héctor Branco González)
-Rubén Vázquez Francos
-Samuel Negreira Martínez
-Vitoria Pita Sánchez (Miguel Vilariño Pita)