O Xuvenil B arrancou onte mércores unha nova semana de torneos en #ANOSACANTEIRA.
Ademais da de Ourense (Xuvenil B), hai cita en Torrelavega (Infantil), Azpeitia (Orzán SD Infantil Feminino), Carballo (Alevín), A Coruña (Fabril FC Alevín), Ribadumia (Benxamín A) e A Estrada (Fabril FC Benxamín).
Primeiro partido do Xuvenil B no Torneo Ourense Provincia Termal
O Xuvenil B, subcampión da Liga Nacional, conclúe a temporada 2021-22 coa disputa do torneo Ourense Provincia Termal, competición amigable que se desenvolve ao longo desta semana, desde onte mércores, no campo de fútbol Miguel Ángel (Ourense).
O conxunto branquiazul mídese ao RC Celta e ao Real Madrid na Primeira Fase.
Onte á noite, o Xuvenil B caeu (3-2) cos célticos nun partido de alternativas e resolto nos minutos finais.
Hoxe xoves agarda o Real Madrid no segundo partido do grupo para os branquiazuis.
O calendario de partidos do Xuvenil B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase
Mércores 15 de xuño
RC CELTA 3 - XUVENIL B 2 (Marco Baña e Mardones)
Xoves 16 de xuño
20:30: XUVENIL B - REAL MADRID
O outro grupo confórmano Pabellón Ourense CF, Valencia CF e FC Porto.
Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais o sábado 18, quedando a final para o domingo ás 11:00 horas.
Un equipo infantil compite no Torneo San Bernabé
Un equipo infantil do Dépor compite no Torneo San Bernabé en Torrelavega (Cantabria), competición na que participaron xa cadetes, alevíns e benxamíns do Club.
O conxunto branquiazul mídese en Primeira Fase ao CD Marina Sport, Sporting de Gijón, CD Revilla e SD Indautxu.
O calendario de partidos, todos eles en Tanos, é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 17 de xuño
20:40: INFANTIL - CD MARINA SPORT
Sábado 18 de xuño
12:30: INFANTIL - REAL SPORTING DE GIJÓN
15:00: INFANTIL - CD REVILLA
20:00: INFANTIL - SD INDAUTXU
En función de clasificación, os equipos pasarán logo a unha Segunda Fase.
O Orzán SD Infantil Feminino acode á Azpeitia Cup 2022
O Orzán SD Infantil Feminino, vixente campión galego, participa na Azpeitia Cup 2022 desde este venres 17 de xuño.
Real Betis A, CD Leganés, CD Sanse, Basauriko Kimuak FK e Ezkurdi KT B son os rivais iniciais das orzanistas.
O calendario de partidos é o seguinte:
Primeira Fase
Venres 17 de xuño
18:00: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - BASAURIKO KIMUAK FK
Sábado 18 de xuño
10:00: REAL BETIS A - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
12:00: CD SANSE - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
17:00: EZKURDI KT B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO
18:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - CD LEGANÉS
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros de todos os grupos pelexarán polo título mentres que o resto xogarán unha Fase de Consolación, todo iso o domingo 19 a partir das 9:00 horas.
Clásica presenza do Alevín A en Carballo
Como é tradicional cada mes de xuño, o Alevín A participa no torneo Concello de Carballo que se disputa nas Eiroas coa modalidade de fútbol 7.
Pabellón CF, RC Celta, Académie Caïman FC, Selección Costa da Morte, EF Luis Calvo Sanz, CD Lugo e Sporting de Gijón son os rivais dos branquiazuis.
O calendario de partidos do Alevín A é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 18 de xuño
10:30: ACADÉMIE CAÏMAN FC - ALEVÍN A
12:15: ALEVÍN A - PABELLÓN CF
14:00: SELECCIÓN COSTA DA MORTE - ALEVÍN A
17:05: ALEVÍN A - REAL SPORTING DE GIJÓN
18:15: ALEVÍN A - EF LUIS CALVO SANZ
20:00: RC CELTA - ALEVÍN A
Domingo 19 de xuño
10:35: ALEVÍN A - CD LUGO
Os catro primeiros xogarán as semifinais, a partir das 11:45 horas.
O Torneo Epifanio Campo, obxectivo do Fabril FC Alevín
O Fabril FC Alevín ten como obxectivo este sábado 18 de xuño a I edición do Memorial Epifanio Campo, que se celebra no campo coruñés de Elviña.
O cadro fabrilista quedou encadrado no grupo B, cos Montañeros B CF, ED Xuventude de Oroso e Pabellón Ourense CF.
O calendario do Fabril FC Alevín é o seguinte:
Primeira Fase
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO
13:00: PABELLÓN OURENSE CF - FABRIL FC ALEVÍN
15:30: FABRIL FC ALEVÍN - MONTAÑEROS B CF
Os dous primeiros de grupo accederán a cuartos de final, que comezan ás 17:00 horas.
Novo test para o Benxamín A, esta vez en Ribadumia
O Benxamín A, que a pasada fin de semana xogou en Polonia, ten esta fin de semana un interesante test na II edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, nas instalacións da Senra.
O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase no grupo G, co Club FDE, Atlético Perines, SD Burela, EDC Xinzo e Alba de Tormes CF.
O calendario do Benxamín A é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 18 de xuño
12:00: ALBA DE TORMES CF - BENXAMÍN A
16:25: BENXAMÍN A - ATLÉTICO PERINES
18:55: BENXAMÍN A - SD BURELA
21:00: BENXAMÍN A - EDC XINZO
Domingo 19 de xuño
9:30: BENXAMÍN A - CLUB FDE
Os dous primeiros de grupo xogarán a Fase polo Título e o terceiro disputará unha Fase de Consolación.
A Estrada acolle ao Fabril FC Benxamín
O Fabril FC Benxamín participa este sábado 18 de xuño na V edición do Torneo Concello da Estrada, torneo que se disputa no Novo Municipal da Estrada.
Os fabrilistas teñen como rivais iniciais ao ED Val Miñor e ao Sporting de Gijón no grupo B.
O calendario de partidos do Fabril FC Benxamín é o seguinte:
Primeira Fase
9:55: FABRIL FC BENXAMÍN - ED VAL MIÑOR
10:45: REAL SPORTING DE GIJÓN - FABRIL FC BENXAMÍN
Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha Segunda Fase.


