RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nova sinalización para Riazor

Continuando coas melloras no Estadio de Riazor, o Deportivo da Coruña está a sinalizar todo o recinto co obxecto de facilitar o acceso ás diferentes portas, zonas e localidades. Ademais, coa nova sinalización, os afeccionados poderán identificar clarament


O Estadio está dividido en catro grandes zonas respectando a súa denominación clásica: Tribuna (c/Manuel Murguía), Preferencia (Paseo da Habana), Pavillón (Palacio dos Deportes) e Marathon (Torre de Marathon).


Cada zona está á súa vez subdividida en Bancada superior e Inferior e en cada unha, á súa vez, hai un sector par e un sector impar. Sempre, mirando cara ao círculo central, pares á dereita e impares á esquerda.


As 30 portas están numeradas da 0 (Porta de Autoridades) á 29, rodeando todo o Estadio. A porta 1 é a de acceso para os medios de comunicación. O resto das portas permiten a entrada ás bancadas da seguinte maneira:
O acceso ás Tribunas é a través das portas 2, 3, 4, 27, 28 e 29. A Marathon, polas portas 5 á 13. A preferencia accédese desde as portas 14 á 20 e a Pavillón desde a 21 á 25.


Outra das novidades da nova sinalización é a existencia e numeración dos vomitorios, de forma que o acceso ás bancadas, sempre está identificado cun número de vomitorio, o que facilita o acceso a cada unha das localidades.


Puertas, ambigúes, aseos, saídas, botiquines... todo sinalizado para facilitar aos afeccionados se acceso ao estadio e os seus movementos polo interior.