Nova vitoria do Alevín ao derrotar ao CD Calasanz A en fútbol once
O Alevín deportivista sumou un novo triunfo na Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, de fútbol once, ao derrotar (3-0) en Abegondo ao CD Calasanz A.
Paulo, Joaquín e Uxío foron os autores dos goles branquiazuis deste encontro correspondente á 4ª xornada.
Con este resultado, o Alevín empata no liderado precisamente co CD Calasanz A: ambos os equipos teñen 9 puntos pero os deportivistas un partido menos que os colexiais.
Alevín: Diego, Iago Vázquez, Xoel, Sergio, Joaquín, Nico, Uxío, Mauro, Íker, Joel e Paulo. Tamén xogaron: Samuel, Gael e Alberto.
O Oza Juvenil SD B será o seguinte rival do Alevín nesta competición de fútbol once, a próxima fin de semana.
Os resultados do Alevín nesta competición son os seguintes:
Alevín 10 (Uxío -3-, Paulo -2-, Joel, Sergio, Alberto, Íker e Joaquín) - Victoria CF B 0 Imperátor OAR A 0 - Alevín 14 (Paulo -5-, Alberto -3-, Joaquín -3-, Ander, Íker e Sergio) Alevín 3 (Paulo, Joaquín e Uxío) - CD Calasanz A 0