RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Nova xornada de 'A Nosa Champions' en Vilalba para o Dépor Genuine a base de fútbol e inclusión

O campo de A Magdalena de Vilalba acolleu a terceira xornada de 'A Nosa Champions', unha nova competición de fútbol inclusivo creada pola Federación Galega de Fútbol.

Nesta nova xornada formaron parte o Dépor Genuine, RC Celta Integra, Racing de Ferrol, CD Lugo, SR Calo e Racing Villalbés como anfitrión.

Os Nosos quedaron encadrados no grupo B co CD Lugo e o SR Calo.

Os resultados dos branquiazuis foron os seguintes:

Primeira Fase
CD LUGO 5 - DÉPOR GENUINE 1 (Chema)
DÉPOR GENUINE 9 (Chema -2-, Cives -2-, Pereira, Xosé, Javi, Anxo e un rival en propia meta) - SR CALO 3

Partido final
RACING DE FERROL 4 - DÉPOR GENUINE 3 (Xose -2- e Chema)

Así concluíu unha nova xornada de deporte e inclusión para os branquiazuis.