Desde o próximo fin de semana os afeccionados branquiazuis poderán presumir de deportivismo nas súas carteiras. Esta tarde o Real Club Deportivo da Coruña e MBNA presentaron o Cartón Mastercard Deportivo da Coruña.
O cartón Mastercard Deportivo pódena solicitar todos os socios e simpatizantes do Club. É un cartón gratuíto cunhas vantaxes realmente competitivas.
MBNA xa emite os cartóns de afeccionados do Manchester, Atlético de Madrid, Celta, Racing de Santander, Málaga e Valladolid, entre outros. Pero os beneficios adicionais son específicos de cada club. Co Deportivo, MBNA ten previsto ofrecer unha bufanda aos que soliciten o seu cartón nos partidos.
Co cartón Mastercard Deportivo da Coruña o titular decide canto paga cada mes (mínimo un 2.25%), ten ata 56 días libres de intereses e non ten que cambiar de banco nin cota anual.