RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Novo paso á fronte do Alevín na Primeira Autonómica de fútbol once

O Alevín protagonizou un novo paso á fronte co seu triunfo (0-7) ante o Victoria CF B, en partido correspondente á 6ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A.

Paulo -3-, Joaquín, Mauro, Ander e Íker foron os goleadores branquiazuis.

Co resultado deste encontro, o Alevín manda en solitario no grupo con 15 puntos de 15 posibles.

Alevín: Gabi, Samuel, Xoel, Joaquín, Ander, Joel, Trigo, Nico, Uxío, Paulo e Íker. Tamén xogaron: Diego, Iago Vázquez e Mauro.

O luns 17 de maio, día festivo, o equipo branquiazul que dirixe Manuel Manovel recibe en Abegondo ao Imperátor OAR A, a partir das 11:30 (campo 7).

Os resultados do Alevín até a data nesta competición de fútbol once son os seguintes:

Alevín 10 (Uxío -3-, Paulo -2-, Joel, Sergio, Alberto, Íker e Joaquín) - Victoria CF B 0
Imperátor OAR A 0 - Alevín 14 (Paulo -5-, Alberto -3-, Joaquín -3-, Ander, Íker e Sergio)
Alevín 3 (Paulo, Joaquín e Uxío) - CD Calasanz A 0
Oza Juvenil SD B 0 - Alevín 8 (Alberto -2-, Iago Vázquez, Trigo, Joaquín, Paulo, Gael e Mauro)
Victoria CF B 0 - Alevín 7 (Paulo -3-, Joaquín, Mauro, Ander e Íker)