RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Novo test para o Dépor ABANCA B este venres en Oviedo preámbulo dunha fin de semana co Memorial Faraldo para ANOSACANTEIRA feminina

O Dépor ABANCA ten este venres 29 de agosto un novo test de pretemporada.

Será ás 18:00 no campo principal do Requexón ante o Real Oviedo.

Até a data, o filial deportivista venceu en Tapia de Casariego ao Real Avilés Industrial (0-1), alcanzou as semifinais do Torneo Unindo Camiños onde foi eliminado polo SC Braga por 0-1 e empatou en Abegondo (2-2) co Atlético Villalonga FF.

Memorial Faraldo, en La Torre

Este encontro do Dépor ABANCA B servirá de preámbulo dunha intensa fin de semana para ANOSACANTEIRA feminina, con protagonismo para o Memorial Faraldo.

Nesta cita participará o Orzán SD Sub-21 (na foto inferior) de Tercera Federación após iniciar a pasada semana os adestramentos de pretemporada.