RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A reencóntrase en fútbol oito co gol e coa vitoria ante o CF Deportivo Orzán

Despois do empate sen goles da pasada semana ante o Ural Español CF, o Alevín A reencontrouse cos goles e co triunfo no seu partido ante o CF Deportivo Orzán A (12-0), correspondente á 4ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A.

Paulo -5-, Alberto -2-, Joaquín -2-, Ander, Nico e Iago Vázquez foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A lidera o grupo con 10 puntos, os mesmos que o Ural Español CF, segundo clasificado.

Alevín A: Gabi, Iago Vázquez, Samuel, Nico, Trigo, Ander, Joel e Alberto. Tamén xogaron: Diego, Paulo, Uxío, Joaquín, Mauro e Xoel.

A próxima fin de semana, o Alevín A enfróntase ao Imperátor OAR B.

Os resultados até a data do equipo que dirixen Manuel Manovel e José Manuel Arroxo 'Noni' son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 0 - Alevín A 11 (Sergio -3-, Gael -2-, Íker -3-, Uxío, Alberto e Mauro)
Alevín A 12 (Mauro, Íker -8-, Joaquín -2- e Alberto) - Imperátor OAR B 1
Ural Español CF 0 - Alevín A 0
Alevín A 12 (Paulo -5-, Alberto -2-, Joaquín -2-, Ander, Nico e Iago Vázquez) - CF Deportivo Orzán A 0