O Alevín de fútbol 7 xa está na final do Torneo Cidade da Coruña
O Deportivo alevín, a falta dun partido para finalizar a
primeira fase, clasificouse para a final do Torneo Internacional
Cidade da Coruña na categoría de fútbol sete, tras imporse (10-1) ao
Atlético San Pedro.
Esta tarde, ao cinco no campo de terra nº 2,
enfrontarase ao Vioño, aínda que cun posto xa asegurado na gran final.
Tamén hoxe, pero en CATEGORÍA INFANTIL, o Deportivo mídese ao
Sant Gabriel de Barcelona, ás 15:45 no campo de herba sintética.