O Deportivo caeu en Riazor ante o Arabés nun bo partido dos vascos que marcaron en dúas ocasións. Adiantou aos de Oliva Aloisi aos 25 minutos e na segunda parte, no 50, Bodipo sentenciaba. Os deportivistas non foron capaces de marcar e viron como se march
Ao fío da media hora de xogo en Riazor Aloisi adiantaba ao Arabés. Aos 35 minutos de partido o colexiado sinalou saque de esquina nunha xogada moi protestada por público e xogadores branquiazuis que consideraban penalti -con expulsión do porteiro- a falta sobre Rubén. Despois, todos os intentos deportivistas eran atallados polo porteiro ou a defensa visitante.
Na segunda parte continuou a mesma tónica. Caparrós deu entrada a Iago e Valerón por Víctor e Rubén pero o marcador continuou inalterable ata o gol de Bodipo, no 50. Quizá o Deportivo mereceu máis, algún gol, polo menos polo seu tesón en insistencia, pero non tivo fortuna de face a porta ante un serio Arabés.
Cambio de última hora na aliñación inicial do Real Club Deportivo da Coruña, Duscher quedaba fóra do partido cunhas molestias musculares no recto interno da coxa e entraba no seu lugar Lionel Scaloni. Tamén xogaron de inicio Molina, Manuel Pablo, Romeu, Sergio, Tristán, Arizmendi, Rubén Castro, Víctor, Juanma e Coloccini. O Arabés saltou de inicio con Costanzo, Coromina, Pellegrino, Juanito, Sarriegi, Carpinteiro, Edu Alonso, Bodipo, Jandro, Aloisi e Nené.