RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Arsenal perde ante o Liverpool

O próximo rival do Deportivo na Copa da UEFA, o Arsenal inglés, está cuarto na clasificación da Premier League, con 44, puntos tras a derrota sufrida ante o Liverpool na última xornada.

O Arsenal recibe ao Deportivo o próximo día 2 de marzo no Arsenal Stadium Highbury no encontro de ida de oitavos de final da UEFA, mentres que os ingleses visitarán Riazor o día 9 de marzo.

O Arsenal non gaña desde o pasado 15 de xaneiro, en que goleou ao Sunderland 4 a 1. Despois os seus resultados foron dous empates, a uns co Manchester e a ceros co Leicester; e dúas derrotas, esta ante o Liverpool e a da pasada xornada ante o Bradford City por 2-1.