Após o importantísimo triunfo da pasada fin de semana contra o líder en terras catalás, o Dépor ABANCA buscaba reafirmar a súa recuperación nun segundo encontro consecutivo a domicilio. Sampalo por Ana Valles e Andrea Sierra pola sancionada Inés Altamira foron as permutas que realizou Kevin Cabado con respecto ao partido gañado ao Levante Las Planas.
Nun partido bastante igualado e de poucas ocasións a primeira boa oportunidade tivo acento galego, nunha xogada no minuto 7 que pasou polos pés de todo o ataque deportivista e acabou cun disparo de Jone Ibañez fóra. A segunda chegada desviouna Mariana a corner.
A balón parado chegaron boa parte das ocasións no primeiro tempo, como unha falta que se marchou preto do pau da portería de María Sampalo. Aroa ás mans de Astralaga superado o minuto 15, outra acción cómoda para Sampalo e un balón morto da porteira biscaíña que non puido aproveitar a dianteira branquiazul foron das poucas aproximacións con perigo no primeiro tempo.
O segundo non puido empezar peor para os intereses deportivistas. Unha xogada combinativa arriba, até conseguir deixar desarmada á defensa e á porteira do Dépor, serviu para adiantar no marcador ás leoas con toda a segunda metade aínda por diante.
A pesar diso, o Dépor ABANCA non tivo capacidade de reacción e tan só un disparo de Laura alto, outro de María Ruiz preto do pau e un de Andrea Sierra ao lateral da rede, puideron servir para sumar polo menos un punto na Cidade Deportiva branquivermella.
Finalmente non puido ser e, ademais, o desconto do partido, só serviu para que Ainhoa vise o seu segundo cartón amarelo e coa súa expulsión pérdase a próxima cita, xa como locais, das Nosas.
Athletic Club B: Astralaga, Martinez, Landaluze, Iribarren (Nerea Benito, min. 67), Pinedo, Urzainqui, Elexpuru, Zubieta, Zuriñe, Mariana e Eider.
Dépor ABANCA: Sampalo, Paula Novo, Andrea Sierra, Raquel, Eva Dios, Carlota (Tati Barcia, min. 66), Jone Ibáñez, Ainhoa Marín, Laura Fernández (Patri López, min. 66), María Ruiz e Aroa Guerra (Adule, min. 68).
Goles: 1-0 Clara Pinedo (min. 47)
Árbitra: Asla Borrallo (c. vasco). Amoestou a Eva Dios (min. 36), Ainhoa Marín (min. 66 e 90) e Amaia Martínez (min. 90).
Incidencias: partido da 23ª xornada de Reto Iberdrola Norte disputado no campo 7 da Cidade Deportiva de Lezama.


