Arrincan a competición ligueira os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Club, todos eles en Primeira A Coruña-As Mariñas. O formato de competición é de liga a dobre volta en cada un dos grupos.
Os partidos con representación deportivista xóganse mañá sábado a excepción do Benxamín A, que hoxe venres 4 dobregou en Abegondo (1-7) ao Oza Juvenil SD.
Ademais mañá sábado, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional, volve á competición en Abegondo ante outro dos equipos de arriba, o CD Olímpico de León. As deportivistas non xogaron a semana pasada posto que o seu rival, o CD Tropezón, retirouse da liga; e tampouco a anterior, con parón ligueiro na categoría. A novidade na convocatoria é a presenza da internacional Elena Vázquez, que despois de debutar no amigable de hai 15 días ante o Sárdoma CF pode xa ser aliñada en categoría nacional ao cumprir 15 anos. Até a data, en idade cadete, Elena Vázquez era indiscutible no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonomica. Kevin Cabado, técnico do Dépor ABANCA B, citou ademais a estas xogadoras: Nuria Gómez, Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Lucía Couto, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Carmen Carballada, Laura Testa, Paula Monteagudo, Marta Rico, Tati, Noela e Laura Otero; ademais de Abril Pazos, Laura Santos e Lucía Rivas, pertencentes estas últimas ao Orzán SD Cadete.
Precisamente este conxunto orzanista xoga mañá en casa (12:00, Elviña) ante o Victoria CF en choque da liga Galega Cadete.
Fóra compiten o Orzán SD Infantil Feminino en Lugo ante o SCD Milagrosa (17:15); o Xuvenil A en Oviedo (16:00); o Cadete na Coruña (12:00, A Grela 1) ante o Victoria CF; o San Tirso SD Cadete en Vigo (16:00) ante o CD Areosa; e o Infantil en Ribeira (16:30).
O conxunto de Manuel Pablo celebra a recente convocatoria do seu goleador Kevin Sánchez para dous amigables coa selección española sub-18 ante Suíza o vindeiro martes 8 e xoves 10 de novembro. Ambos os encontros serán na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).
Para o domingo ás 16:00 en Barreiro queda o choque do Fabril, líder da Terceira RFEF, ante a Gran Peña FC. Os pupilos de Óscar Gilsanz preséntanse en Vigo após redondear unha goleada ante o Viveiro CF (6-0) con Nájera e o xuvenil Martín Ochoa como protagonistas.
Tamén o domingo o Orzán SD Xuvenil Feminino recibe ao Victoria CF B (16:00, A Torre); o Orzán SD Cadete B Feminino ao Discalzas SD (16:00, A Torre); o Xuvenil B ao CD Lugo B (12:00, Abegondo); e o San Tirso SD Infantil ao Ural Español CF (10:00, O Monte).
Finalmente dous amigables o pasado mércores en Abegondo abriron o calendario de partidos:
Así, o Xuvenil B de Liga Nacional igualou (3-3) coa Selección Galega sub-16. No combinado galaico aliñáronse Anxo Regueiro, José Rey, Lucas Castro, Nico Ruiz, Pablo García, Rubén Fernández e Samuel Fernández, do Cadete branquiazul; e Íker Fernández, do San Tirso SD Cadete. Zoe, Mesfin e Daniel foron os anotadores branquiazuis.
Pola súa banda, o San Tirso SD Cadete caeu (1-2) coa selección galega sub-14, na que formaron estes xogadores do Infantil branquiazul: Adrián Bernárdez, Borja Díaz, Diego Mosquera, Mauro Valeiro, Roi Cabada e Sergio Míguez. Lucas anotou o único tanto do San Tirso SD Cadete.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
8ª xornada: GRAN PEÑA FC - FABRIL, o domingo 6 de novembro ás 16:00 en Barreiro (Vigo)
Clasificación: 1. Fabril, 15 puntos; 2. Arosa SC, UD Ourense e Racing Villalbés, 14 puntos... 9. Gran Peña FC, 9 puntos...
Categoría feminina
8ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD OLÍMPICO DE LEÓN, o sábado 5 de novembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 19 puntos; 2. Real Oviedo B e Sporting de Gijón, 16 puntos; 4. CD Olímpico de León, 15 puntos...
9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA CF B, o domingo 6 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino, 20 puntos; 2. Sárdoma CF B, Bergantiños CF e CD Lugo, 19 puntos... 10. Victoria CF B, 8 puntos...
5ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - DISCALZAS SD, o domingo 6 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Unión Campestre FC, Orzán SD Cadete B Feminino e Orillamar SD, 12 puntos; 4. Cultural Maniños SD, 9 puntos...
5ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - VICTORIA CF, o sábado 5 de novembro ás 12:00 en Elviña (grande)
Clasificación da liga Galega, subgrupo A: 1. Colexio Obradoiro (un partido máis), 12 puntos; 2. Orzán SD Cadete Feminino, Victoria CF e CF Noia, 9 puntos; 5. Silva SD, SD Xuventú Aguiño e Bergantiños CF, 3 puntos...
4ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 5 de novembro ás 17:15 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación da liga Galega, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 9 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e UC Cee, 6 puntos; 4. SCD Milagrosa, 3 puntos...
Categoría xuvenil
9ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 5 de novembro ás 16:00 no Requexón
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 21 puntos; 2. Xuvenil A, 20 puntos; 3. Sporting de Gijón, 19 puntos; 4. Real Oviedo, 14 puntos...
Amigable: XUVENIL B 3 (Zoe, Mesfin e Daniel) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 3
9ª xornada: XUVENIL B - CD LUGO B, o domingo 6 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: ... 4. ED Xuventude de Oroso, CD Choco e Bergantiños CF, 15 puntos; 7. CVC Valladares e Pontevedra CF, 14 puntos; 9. Xuvenil B, 13 puntos; 10. Atlético Coruña Montañeros CF, 11 puntos; 11. CD Lugo B, 9 puntos...
Categoría cadete
10ª xornada: VICTORIA CF - CADETE, o sábado 5 de novembro ás 12:00 na Grela 1
Amigable: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Lucas) - SELECCIÓN GALEGA SUB-14 2
10ª xornada: CD AREOSA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 5 de novembro ás 16:00 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 27 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos... 13. CD Areosa, 12 puntos... 16. San Tirso SD Cadete, AJ Lérez e Pontevedra CF, 7 puntos...
Categoría infantil
8ª xornada: CIDADE DE RIBEIRA CF - INFANTIL, o sábado 5 de novembro ás 16:30 no Anexo á Fieiteira (Ribeira)
8ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 6 de novembro ás 10:00 en O Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 19 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 18 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, Ural Español CF e CD Conxo Santiago, 14 puntos... 9. San Tirso SD Infantil, 9 puntos... 11. Cidade de Ribeira CF, 8 puntos...
Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN A - IMPERÁTOR OAR, o sábado 5 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 1.1)
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - BETANZOS CF, o sábado 5 de novembro ás 17:00 na Torre (campo 1.1)
Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - BENXAMÍN A 7 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -2-, Mateo Carballeira, Xiao Fontao e Thiago López)
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF, o sábado 5 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 3.1)


