RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

O Benxamín A, campión do subgrupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8

O Benxamín A superou (3-0) ao Victoria CF, o seu máximo rival polo título do subgrupo 1º da Primeira A Coruña de fútbol 8.

Mateo Songo'o, Álex Casado e Yago Prieto foron os goleadores branquiazuis neste partido correspondente á 16ª xornada aprazado o pasado 24 de febreiro.

Con este resultado, o equipo de Jacobo Saco suma 45 puntos e proclámase matematicamente campión de grupo a falta dun partido para o final.

Benxamín A: Samuel Rodríguez, Antón Fernández, Yago Prieto, Adrián Liñares, Alberto Novo, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Mateo Cardelle. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Álex Casado, Breogán Díaz e Diego Castelo.

O vindeiro sábado 9 de marzo ás 11:30 na Torre (campo 1.2), o Benxamín A pon ante o CF Deportivo Orzán o punto e final a esta primeira parte da temporada.

Os resultados do Benxamín A até a data son os seguintes:

Oza Juvenil SD 0 - Benxamín A 12 (Alberto Novo -4-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2-, Antón Fernández -2-, Leo Lorenzo e Diego Castelo)
Benxamín A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - Ural Español CF 2
CD Calasanz 1 - Benxamín A 12 (Leo Lorenzo -3-, Adrián Liñares -3-, Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Novo) 
Benxamín A 14 (Mateo Songo'o -4-, Diego Castelo -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -2-, Adrián Liñares e Leo Lorenzo) - Compañía de María 0
Orillamar SD 0 - Benxamín A 11 (Mateo Songo'o -4-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo, Adrián Liñares, Yago Prieto e Diego Castelo)
Victoria CF 0 - Benxamín A 4 (Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Antón Fernández)
Benxamín A 8 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o -2-, Alex Casado, Leo Lorenzo e Antón Fernández) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
CF Deportivo Orzán 0 - Benxamín A 15 (Mateo Songo'o -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -3-, Leo Lorenzo -3-, Adrián Liñares, Antón Fernández e Andrés Valencia)
Benxamín A 10 (Mateo Songo'o -5-, Alberto Novo -2-, Leo Lorenzo, Diego Castelo e Yago Prieto) - Oza Juvenil SD 0
Ural Español CF 1 - Benxamín A 4 (Adrián Liñares, Diego Castelo, Yago Prieto e Mateo Songo'o)
Benxamín A 14 (Mateo Songo'o 5-, Samuel Rodríguez -4-, Adrián Liñares -3- e Alberto Novo -2-) - CD Calasanz 2
Compañía de María 0 - Benxamín A 14 (Alberto Novo -5-, Mateo Songo'o -3-, Adrián Liñares -3- e Diego Castelo -3-)
Benxamín 12 (Alberto Novo -4-, Yago Prieto -3-, Mateo Songo'o -2-, Diego Castelo -2- e Andrés Valencia) - Orillamar SD 0
Benxamín A 3 (Mateo Songo'o, Álex Casado e Yago Prieto) - Victoria CF 0
Atlético Coruña Montañeros CF 2 - Benxamín A 3 (Alberto Novo, Antón Fernández e Yago Prieto)