O Cadete A impón a súa superioridade ao UD Santa Mariña
O Cadete A acabou na 6ª praza do Trofeo Internacional Villa de Cabanillas, disputado en Navarra a pasada fin de semana.
Para participar no devandito torneo, o choque da xornada 15ª da División de Honra previsto para o sábado 8 ou domingo 9 ante a UD Santa Mariña, trasladouse a hoxe xoves 13 de decembro en Cotogrande (Vigo).
O encontro foi de claro dominio e superioridade deportivista (0-7), plasmada cos goles de Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele.
Con este marcador, o Cadete A marcha segundo na clasificación con 38 puntos, a 1 punto do RC Celta, líder con 39 puntos.
Cadete A: Adrián, Trilli, Mauro, Dani Barcia, Mario, Braojos, Nils, Antón, Noel, Axel e Padín. Tamén xogaron: Hugo Suárez, Carracedo, Abele e Trigo.
Este domingo 16 de decembro, o Cadete A recibe en Abegondo ao CD Conxo Santiago, a partir das 11:00 horas.
A liga marcha así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:
Cadete A 1 (Dani Barcia) - Ural 0 Coruxo 1 - Cadete A 2 (Yago e Axel) Cadete A 4 (Axel, Padín, Hugo e un futbolista rival en propia meta) - Lugo A 0 Ourense CF 0 - Cadete A 3 (Noel -2- e Axel) Cadete A 2 (Padín e Jairo) - Celta 1 Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Hugo -3-, Nils, Padín e Axel) Cadete A 5 (Nils -3- e Padín -2-) - Racing de Ferrol 0 Victoria CF 0 - Cadete A 1 (Padín) ED Val Miñor Nigrán 3 - Cadete A 3 (Noel, Padín e Jairo) Cadete A 1 (Dani Barcia) - CD Calasanz 3 San Tirso SD A 0 - Cadete A 3 (Jairo e Padín -2-) Cadete A 5 (Iago, Nils, Noel -2- e un futbolista rival en propia meta) - Pontevedra CF 1 CD Areosa 1 - Cadete A 1 (Axel) Cadete A 6 (Braojos, Novoa, Hugo Suárez, Padín -2- e Nils) - Bergantiños CF 0 UD Santa Mariña 0 - Cadete A 7 (Dani Barcia, Nils, Noel, Padín, Hugo Suárez -2- e Abele)