RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Cadete dobregou en Abegondo a un batallador Viveiro CF

No seu terceiro partido en sete días, o Cadete dobregou en Abegondo a un batallador Viveiro CF (3-1), en choque correspondente á 7ª xornada na División de Honra.

André, Rubén e Nico Ruiz foron os autores dos goles branquiazuis nunha chuviosa mañá na Cidade Deportiva.

Con este marcador, o Cadete, líder en solitario da categoría, suma 21 puntos de 21 posibles.

Cadete: Yeray, Vergara, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Telmo, Iker Gil, André, Rubén, Jairo e Dani. Tamén xogaron: Nico, Xián, Pablo García e Lucas.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Daniel González visita ao CD Areosa.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo)
Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1