RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete gaña ao San Tirso SD Cadete e aumenta a súa vantaxe sobre o RC Celta, ao que visita o vindeiro sábado

O Cadete impúxose en Abegondo (4-2) ao San Tirso SD Cadete no primeiro partido do ano 2024, correspondente á 15ª xornada na División de Honra.

Diego -2-, Trillo e Balbas foron os goleadores nun partido que se decantou para os deportivistas na segunda metade.

Con este resultado, o conxunto de Daniel González suma 45 puntos á fronte da táboa por 39 do RC Celta, que non pasou do empate (1-1) na súa visita ao CD Lugo. Branquiazuis e celestes ven as caras o vindeiro sábado 13 de xaneiro en Vigo.

Cadete: Gabri, Guille, Xabi Campos, Xoel, Íker Fernández, Abel, Leandro, Mosquera, Diego, Trillo e Balbas. Tamén xogaron: Pablo Campo, Janusz, Carballeira e Miguel de Labra.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0
Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego)
Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago) - ED Xuventude de Oroso 0
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Janusz)
Cadete 4 (Diego -2-, Trillo e Balbas) - San Tirso SD Cadete 2 

/* Bot imbee */