O Cadete non falla na súa visita ao Pabellón Ourense CF
Despois do triunfo do pasado sábado en #ONOSODERBI ante o RC Celta, o outro gran aspirante ao título, o Cadete non fallou nesta 4ª xornada na súa visita ao Pabellón Ourense CF nun triunfo (0-4) cimentado na segunda metade, na que anotou 3 dos 4 goles.
Telmo -2-, Dani e Rubén foron os autores dos tantos. Con este resultado, o Cadete sitúase na cabeza da táboa con 12 puntos de 12 posibles.
Cadete: Yeray, Vergara, Uxío, Samuel, Pablo Pereda, Telmo, André, Lucas, Rubén, José Rey e Dani. Tamén xogaron: Sergio, Jairo, Iván e Iker Gil.
A próxima semana, o Cadete recibe en Abegondo ao Ural Español CF.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0 AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil) Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1 Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)