RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete sofre ante o Coruxo FC pero sae vitorioso de Fragoselo

O Cadete sufriu en Fragoselo pero saíu vitorioso do seu partido ante o Coruxo FC (2-3) correspondente á 19ª xornada na División de Honra.

Íker Fernández, Xabi Campos e Trillo foron os goleadores branquiazuis nun partido no que os vigueses esixiron até o último minuto aos deportivistas.

Con este resultado, o cadro de Daniel González lidera a categoría con 55 puntos por 49 do RC Celta, 2º clasificado.

Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Balbas, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Lucas. Tamén xogaron: Leandro, Janusz, Carballeira e Diego.

A próxima semana non hai competición debido á disputa en Cádiz da Fase de Plata do Campionato de España por autonomías, á que acudirá a selección galega sub-16 cos branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Nico Ruiz, Miguel de Labra e Pablo García, este último en dinámica do Xuvenil A.

Así pois, a próxima cita na División de Honra para o Cadete será o 17 de febreiro en Abegondo ante o Ural Español CF.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0
Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego)
Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago) - ED Xuventude de Oroso 0
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Janusz)
Cadete 4 (Diego -2-, Trillo e Balbas) - San Tirso SD Cadete 2
RC Celta 3 - Cadete 3 (Xabi Campos, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 4 (Miguel de Labra, Mosquera e Lucas -2-) - Arosa SC 1
Cadete 2 (Trillo e un futbolista rival en propia meta) - ED Val Miñor Nigrán 0
Coruxo FC 2 - Cadete 3 (Íker Fernández, Xabi Campos e Trillo)