RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadro branquiazul divírtese esta mañá con rondos e fútbol-tenis

O Deportivo pasou unha divertida mañá hoxe venres en Abegondo con fútbol-tenis e rondos. Desta forma, Borja Jiménez rebaixou a carga física do adestramento, circunstancia habitual dous días antes de cada partido.

Ximnasio e fisioterapia completaron unha suave xornada para os futbolistas branquiazuis, a día de hoxe todos aptos para competir este domingo 9 de xaneiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o CF Talavera (Footters).

De feito, en rolda de prensa, Borja Jiménez felicitou por esta circunstancia ao doutor Carlos Lariño, aos Servizos Médicos do Club e aos propios xogadores: "Como é algo que che contaxias sen facer nada, si que podías collelo (en referencia ao COVID-19). Extremaron precaucións, fixeron un esforzo máis grande do habitual. Estamos no noso caso desde xuño sen ver ás familias, sen ter unha fin de semana libre para tomar unha Estrella Galicia cos amigos. Chega ese período vacacional con moitas ganas e a min persoalmente amoloume non poder ver aos meus amigos, non poder facer moitas cousas que en sete días libres gustaríache facer. Apelamos bastante á responsabilidade, a non relacionarche con ninguén máis que cos máis próximos. Felicitar a todo o mundo".

Noel, Trilli e Yeremay foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá sábado 8 de xaneiro, o Deportivo adestrarase en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 10:30 horas, na última sesión de traballo previa ao primeiro partido do ano 2022.