RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O cartel do Trofeo Teresa Herrera podería superar os 700 millóns de pesetas de valoración

Deportivo e Real Madrid alcanzaron un acordo o pasado venres para que o equipo branco, xa campión de Liga, xogue o próximo verán na Coruña o Trofeo Teresa Herrera. Desta forma, o Real Madrid collerá a testemuña do Milan, que participou na edición do ano p

O Trofeo Teresa Herrera, da man do Deportivo, situará a Galicia e máis concretamente á Coruña como un obxectivo turístico para os cada vez máis miles de madrileños e habitantes do centro da península que optan por visitar o Norte de España polo seu clima máis benigno, a súa gastronomía... Asistir aos primeiros partidos do Real Madrid na pretemporada, como case seguro serán os dous que xogue en Riazor, e participar das festas da Coruña na súa Semana Grande farán que a cidade herculina pase uns días ao cento por cento de ocupación hoteleira, con todo o que iso leva de impacto para a economía coruñesa.

Repasando o cartel, e a falta de concretarse os outros dous participantes, a valoración dos equipos do trofeo xa rolda o catro millóns de euros, case 700 millóns de pesetas. O caché por partido, e en Riazor xogará dous, do Real Madrid é dun millón de euros. E o Deportivo, antes de facerse cargo por imposición do Concello da organización do Trofeo Teresa Herrera, recibía o mesmo que o equipo participante que máis o fixese, é dicir, outros dous millóns de euros. Por conseguinte, o Club deseña un cartel do Trofeo decano do fútbol español que pode roldar o cinco millóns de euros, 700 millóns de pesetas, posto que outros grandes do balompé europeo, Ajax, Benfica, Atlético de Madrid... barállanse como posibles competidores de Real Madrid e Deportivo pola famosa Torre de Hércules de prata.