RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O CEIP Sal Lence acolleu unha nova xornada de 'Os Nosos Valores'

O CEIP Sal Lence da Coruña acolleu esta mañá unha nova edición da actividade 'Os Nosos Valores, Escolas 110 % Branquiazuis', promovida polo Real Club Deportivo coa colaboración da Opinión de A Coruña e na que se deron cita os 300 nenos e nenas que forman, xunto aos docentes, a comunidade escolar do centro.

O xornalista Carlos Miranda deu unha charla aos 30 alumnos de 6º de Primaria, co obxecto de transmitir os valores que caracterizan ao Club branquiazul e de ensinarlles un pouco sobre a historia do mesmo. Todos estes alumnos, ademais, foron convidados a presenciar en vivo e en directo o próximo partido no Estadio ABANCA-RIAZOR, o 9 de decembro fronte ao Leganés.

Luisinho e Iris percorreron o centro educativo, compartindo uns minutos con todos os alumnos e profesores, acompañados por Gelines Romero, directora da área Social do Club.

Para finalizar, fíxose entrega de diversos obsequios por parte do Real Club Deportivo.

O Club pon en marcha esta iniciativa lúdico-educativa por terceira temporada consecutiva. Este ano, 'Os Nosos Valores' xa se pasou (o 23 de novembro) polo CEIP Rosalía de Castro, coa participación de Juanfran e Kika.