O Celta B-Dépor xogarase en ABANCA-Balaídos o sábado 24 ás 18:00 h.
O Xuíz Único de Competicións non Profesionais da Real Federación Española de Fútbol fallou esta mañá en relación á modificación de data e instalación para a disputa do partido entre o RC Celta de Vigo “B” e o RC Deportivo, que finalmente se disputará o sábado 24 de setembro ás 18:00 h. no Estadio ABANCA-Balaídos.
Deste xeito a RFEF atende a solicitude de cambio de data realizada após o acordo entre clubs nunha semana na que o RC Deportivo deberá disputar tres partidos oficiais.