RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O ''Centenariazo''

var ivPlayer1176491 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1176491.playVideo('player1176491', 'report_centenariazo.mpg', false);

Vibrante comezo da primeira parte. Primeiro Tristán no minuto 2 pon en aprietos a César desde a frontal. Logo avisa o Madrid a balón parado e inmediatamente Sergio se interna na área de tiro raso entre as pernas de César adianta ao Deportivo. O Madrid reacciona e Zidane remata de cabeza ao traveseiro. Todo nos primeiros 10 minutos de partido.

 

Nos minutos posteriores o Madrid non fué capaz de atopar o seu sitio no partido e o Deportivo seguiu facendo o seu partido. Froito da intensidade do partido verían o cartón amarelo Mauro Silva e Víctor polo Deportivo e Hierro polo Madrid.

No 37 da primeira parte chegaría o segundo gol, gran xogada do Deportivo na que Valerón supera á liña defensiva pegado á liña de fondo e centra raso ao primeiro pau onde Tristán remata raso e de novo polo medio das pernas de César marca gol.

Xa na segunda parte aos 4 minutos Valerón ten a ocasión de marcar o terceiro pero o seu disparo tras xogada persoal vaise ao pau cando César xa estaba batido. Fué con todo Raul no 13 o que conseguía rematar na área pequena un centro de Morientes e marcar. Pareceu entón que o Madrid podería inquietar ao Deportivo pero os branquiazuis en ningún momento perdéronlle a cara ao partido e mesmo puideron sentenciar o encontro nunha contra rematada por Sergio.

Tras catro minutos de desconto o colexiado pitaba o final do encontro e desatábase a festa no Bernabeu. O Deportivo da Coruña proclamábase Campión da Copa de S.M. o Rei 2001/2002.

Polo Deportivo saíron de inicio: Molina, Romeu, Scaloni, César, Naybet, Mauro Silva, Sergio, Víctor, Fran, Valerón e Tristán. Mentres que polo Madrid: César, Michel, Hierro, Pavón, Roberto Carlos, Helguera, Makelele, Figo, Zidane, Raúl e Morientes.

Solari entraba por Pavón no descanso, mentres que Valerón deixaba o seu sitio a Duscher no 62 e Morientes a Guti no 67. Máis tarde entraría Mc Manaman por Figo e Capdevila por Fran no 82, e por último Djalminha por Víctor no 88.