RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Centenariazo confírmase como a final de Copa máis vista da historia

O Centenariazo -nome co que se coñece entre o deportivismo a final da Copa do Rei que enfrontou no Santiago Bernabéu ao Real Madrid, que ese mesmo día cumpría cen anos, e ao Deportivo e que se saldou con triunfo coruñés- consolídase como a final da Copa d

Así, ese partido entre madridistas e deportivistas foi seguido por televisión por 10.965.000 espectadores, a máis diso os 90.000 espectadores que abarrotaron o Estadio Santiago Bernabéu. Segundo neste particular ranking foi a final de 1998 entre o Real Madrid e o Zaragoza, que sentou diante da tele a 9.712.000 persoas. Curiosamente a terceira desta clasificación non tivo como protagonistas a ningún grande do fútbol español. Foi a final de 2004 pola que pelexaron o Mallorca e o Recreativo de Huelva, e que foi seguida por 9.259.000 persoas.
A outra final deportivista, ante a Valencia no 1995 e tamén no Santiago Bernabéu, é decimoprimera no ranking de audiencias da final de Copa, sempre segundo o Diario As, vista por televisión por 5.764.000 persoas.