RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Centro Comercial Os Rosales pecha un acordo co Deportivo para beneficiar aos Socios

Mediante este acordo, os case 25.000 socios do Real Club Deportivo podrán beneficiarse de agasallos directos, grandes descontos, promocións, etc., ao realizar as súas compras en calquera dos más de 30 establecementos do C.C. Os Rosales adher

O acordo ponse en marcha oficialmente hoxe sábado 18 de febreiro coincidindo coa disputa do partido entre o Deportivo e o Barcelona B, mediante a entrega a cada socio dun 'flyer' desplegable con información detallada das condicións preferentes ofertadas por cada establecemento.

Deste xeito, prestixiosas firmas como Yelmo Cinemas, Darty, McDonald's, Arenal Perfumarías, Pans&Company, Caramelo, Opticalia, Décimas, Game Stop, Fotoprix, Tendas Bed's, Parques Infantís Multiaventura, Luxurissime, Vodafone, Seguros Pelayo, etc., ofrecerán múltiples e importantes vantaxes a todos os socios do Deportivo que realicen as súas compras exclusivamente nos establecementos que as citadas firmas dispoñen en Centro Comercial Os Rosales. As mesmas, van desde agasallos directos, ata importantes descontos de ata o 50%, pasando por prezos especiais en menús de hostalaría ou a entrega de cheques regalo para próximas compras. É necesario destacar que unha gran parte das vantaxes asociadas teñen un carácter temporal totalmente indefinido, sendo válidas na súa maioría durante todos os días da semana.

 

Para gozar das vantaxes asociadas á campaña, os abonados do Deportivo simplemente deberán presentar o seu carné de socio así como unha acreditación persoal á hora de realizar as súas compras en calquera dos establecementos adheridos do C.C. Os Rosales. Dado o carácter indefinido da campaña, dentro da páxina web do CC Os Rosales (www.cclosrosales.com) ou no seu perfil Facebook (www.facebook.com/cclosrosales), os socios interesados poderán consultar permanentemente todas as vantaxes asociadas á mesma.