RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O club comunícalle a Iván Pérez que ten liberdade para buscar equipo

O Real Club Deportivo lle comunicó esta tarde a Iván Pérez que ten liberdade para buscar un equipo para a próxima tempada. Onte, esta información xa lle foi transmitida ao seu axente.

O centrocampista galego, a instancia dos Servizos Médicos do club, iniciou o pasado luns a pretemporada co readaptador do primeiro equipo Pablo López. O obxectivo que se persegue é sentar as bases físicas que lle protexan de lesións, como a que tivo a pasada campaña na Ponferradina que lle impediu finalizar a liga sobre o terreo de xogo. Este sistema aplicouno o club a Lassad o verán pasado. O franco-tunisiano non sufriu ningún episodio muscular durante a tempada pasada.