RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz deixa de ser adestrador do primeiro equipo e valora unha nova etapa no RC Deportivo

Óscar Gilsanz non continuará como adestrador do primeiro equipo do RC Deportivo a próxima temporada. Após cinco anos de dedicación ao Club, ábrese a posibilidade de iniciar unha nova etapa profesional dentro da estrutura branquiazul.

O RC Deportivo trasladoulle a proposta de asumir a coordinación da Escola de Adestradores e dos Proxectos Formativos Externos, un cargo deseñado para reforzar o desenvolvemento estratéxico de #ANOSACANTEIRA e aliñado coa súa traxectoria, compromiso e visión compartida de formación.

Actualmente, Óscar Gilsanz está a valorar esta proposta, que recoñece a súa experiencia, coñecemento e sensibilidade pedagóxica como activos clave para consolidar a estrutura metodolóxica do Club. Desde este rol, contribuiría á formación de adestradores e ao fortalecemento do vínculo co tecido futbolístico da nosa contorna.

O RC Deportivo desexa expresarlle publicamente o seu agradecemento e recoñecemento polo seu compromiso, profesionalidade e implicación durante estes anos, así como polo seu papel en momentos decisivos da historia recente do Club.