RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O club dispón de 36 asentos para novas altas nas bancadas esgotadas

Están dispoñibles EXCLUSIVAMENTE PARA NOVAS ALTAS DE SOCIOS un total de 36 asentos nas bancadas esgotadas do Estadio de Riazor. A distribución é a seguinte:

Preferencia Inferior: 18 asentos

Preferencia Inferior Lateral: 3 asentos

Pavillón Inferior: 1 asento

Maratón Inferior: 14 asentos

Faltan por renovar estes socios nestas bancadas:

Preferencia Inferior: 370 socios

Preferencia Inferior Lateral: 62 socios

Pavillón Inferior: 143 socios

Maratón Inferior: 145 socios

O Real Club Deportivo solicitou hai uns días nunha carta dirixida aos socios das localidades esgotadas para novas altas (Maratón Inferior, Pavillón Inferior, Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral) e que aínda non renovaron o seu abono para a tempada 2011-12, que o retiren antes do próximo 2 de setembro, data na que se porán á venda ao público en xeral. Tamén se roga aos que, desgraciadamente para o club, non o pensan retirar, que o confirmen por escrito canto antes, circunstancia esta que se está producindo nalgúns casos.

O obxectivo que persegue o Deportivo é tratar de conseguir que, nestes difíciles momentos para todos, aqueles afeccionados con menos recursos que queiran darse de alta nas localidades máis económicas póidano facer, circunstancia que non é posible a día de hoxe en varios das citadas bancadas.

O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, de luns a venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.