O Coruxo FC será finalmente o rival do Dépor o martes 8 de agosto
O Coruxo FC, de Segunda Federación, será finalmente o rival do Dépor o vindeiro martes 8 de agosto en lugar do Racing Villalbés, como inicialmente estaba fixado.
O choque xogarase no campo do Vao, en Vigo, a partir das 19:30 horas.
Será a terceira cita de pretemporada para os branquiazuis despois do Memorial Arsenio Iglesias do mércores 2 de agosto en Ponte dos Brozos (Arteixo) e da LXXVIII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o Red Bull Bragantino do sábado 5 de agosto en ABANCA-RIAZOR.
Iso si, a próxima semana, segunda de pretemporada para Os Nosos, Imanol Idiakez dispuxo que a sesión do sábado 29 convértase nun partidillo de adestramento ante o Fabril no campo 3 de Abegondo (sen acceso a público).
Así pois, o calendario de pretemporada está así nestes momentos:
Mércores 2 de agosto (19:00 horas), Memorial Arsenio Iglesias, Atlético Arteixo - Deportivo, en Ponte dos Brozos (Arteixo) Sábado 5 de agosto (19:30), LXXVIII Trofeo Teresa Herrera, Deportivo - Red Bull Bragantino, en ABANCA-RIAZOR Martes 8 de agosto (19:30 horas), Coruxo FC - Deportivo, en O Vao (Coruxo, Vigo) Xoves 10 de agosto, SD Compostela - Deportivo, na Pobra do Caramiñal Martes 15 de agosto, SD Ponferradina - Deportivo, en El Toralín (Ponferrada)